Os holocaustos e a dereita española

Pozo Tenoya Gran Canaria victimas franquismo.jpg

Varias personas, entre ellas las principales autoridades locales, asisten, el pasado 28 de octubre, a la apertura del Pozo de Tenoya (Arauca, Gran Canaria), donde se buscan los restos de 30 víctimas del franquismo. / Ángel Medina G. (Efe)


Autoría Agustín Moreno
Entidade
Ano
Temática Manipulación VS Transparencia
Eido
Idioma Galego
Licencia
Web https://www.cuartopoder.es
RRSS

Hoxe sabemos que todos os horrores son posibles. E é conveniente ser conscientes disto dende a escola para ver se podemos evitar que se repitan. Durante o trámite parlamentario da LOMCE, o grupo popular presentou unha emenda para que o alumnado español estude o holocausto xudeu no currículo das diferentes etapas educativas. Aparece como a nova disposición adicional cuadraxésima primeira sobre a Prevención e resolución pacífica de conflitos e valores que sustentan a democracia e os dereitos humanos.

Sempre tiven unha gran sensibilidade cara este tema e marcáronme lecturas como a triloxía e Primo Levi (Se isto é un home…) e outros autores como Klemperer, Arendt, Weil, Kertez, Semprum, etc. Visitei Auschwitz e Terezín, este último campo cos meus alumnos. Traballo a cuestión xudía dende o currículo da Historia e transversalmente con outros departamentos nalgún instituto en torno á liberación de Auschwitz o 27 de xaneiro. Sempre, dende o rexeitamento da barbarie e da recuperación da memoria das vítimas e da solidariedade con elas. Nunca dende a complicidade cos que hoxe actúan como verdugos do pobo palestino e negan os dereitos humanos máis elementais e a posibilidade dun Estado propio con territorios recuperados que permita a súa viabilidade. Traballo a Shoa aínda que creo que se corre o risco de que, como dicía Tony Judt, moito holocausto mata o holocausto, cando se abusa del e se instrumentaliza.

Pero esta decisión do PP pon de manifesto varias incoherencias. Traballar o holocausto é traballar os dereitos humanos e a tolerancia. Chama a atención este súbito repente do PP cando eliminaron unha materia que servía para abordar sistematicamente estes temas: Educación para a Cidadanía (EpC). Hai que lembrar que se cursa noutros países democráticos do noso contorno e só a poden rexeitar aqueles que non queren cidadáns formados, informados, críticos e comprometidos coa mellora da súa sociedade. Suprimir a materia polas presións de sotanas e dos carcas nacionais retrotráenos no tempo e resta calidade á democracia. Moito me temo que esta modificación da LOMCE, en contraposición coa supresión de EpC, teña que ver coa presión do lobby que defende o Estado de Israel en toda circunstancia ou dende posicións sionistas.

A sensibilidade que ten o Partido Popular ante a Shoa non a ten ante o holocausto que se produciu durante a Guerra Civil española (1936-1939) e na posguerra. Non hai máis que ler aos historiadores máis obxectivos para coñecer as terribles dimensións da represión franquista nas zonas ocupadas durante a guerra civil e despois na “vitoria”. Paul Preston : “Durante a Guerra Civil española, preto de 200.000 homes e mulleres foron asasinados lonxe da fronte, executados extraxudicialmente ou tras precarios procesos legais. Morreron a raíz do golpe militar contra a Segunda República dos días 17 e 18 de xullo de 1936. Por esa mesma razón, ao menos 300.000 homes perderon a vida nas frontes de batalla. Un número descoñecido de homes, mulleres e nenos foron vítimas dos bombardeos e dos éxodos que seguiron á ocupación do territorio por parte das forzas militares de Franco. No conxunto de España, tras a vitoria definitiva dos rebeldes a finais de marzo de 1939, arredor de 20.000 republicanos foron executados. Moitos máis morreron de fame e enfermidades nas prisións e os campos de concentración onde se amoreaban en condicións infrahumanas. Outros sucumbiron ás condicións escravistas dos batallóns de traballo. A máis de medio millón de refuxiados non lles quedou máis saída que o exilio, e moitos pereceron nos campos de internamento franceses. Varios miles acabaron nos campos de exterminio nazis. Todo isto constitúe o que ao meu xuízo pode chamarse o «holocausto español»”. Gutmaro Gómez Bravo cita un informe da embaixada británica en Madrid do 2 de novembro de 1944 no que se cifran entre 60.000 e 80.000 persoas as executadas entre abril de 1939 e 1944. España, con 114.000 persoas enterradas en campos e cunetas, é o segundo país do mundo con máis desaparecidos despois da Cambodja do Pol Pot.

Se ben é verdade que nos dous bandos houbo asasinatos, a diferenza estriba en que os sublevados franquistas impulsáronos oficial e sistematicamente como arma de terror, foron cuantitativamente moitos máis e non tiveron recoñecemento ao final da guerra. O PP non acaba de condenar con claridade este xenocidio, obstaculiza a aplicación dunha descafeinada lei de memoria histórica e na práctica a derroga ao deixala sen fondos orzamentarios ; e non colabora, senón todo o contrario, coa ONU e a querela de xuíces arxentinos contra os crimes franquistas. Ademais, permite que estean nas súas filas militantes con cargos públicos e de responsabilidade que fan apoloxía do franquismo, xustifican os seus crimes, montan mercados de parafernalia nazi-fascista, ou non desaproveitan a ocasión para saudar brazo en alto e esgrimir bandeiras da ditadura.

A existencia de dúas almas no PP, unha da dereita convencional (a maioritaria) e outra parafascista, é o que explica que España sexa un dos países onde a ultradereita non ten representación electoral directa no Parlamento. Tamén explica a tolerancia co fascismo en España, ao non rexeitar no Congreso dos Deputados que sexa delito a apoloxía do franquismo , co que a dereita española retrátase coa súa imaxe máis terrible. É moi forte que o novo código penal de Gallardón non recolla unha lista de símbolos prohibidos como as que existen noutras lexislacións , como a alemá.

O PP non se pode mover entre a explicación e denuncia do holocausto xudeu e a negación ou banalización do holocausto español ou das esvásticas. É difícil manter esta posición sen que a un demócrata se lle caia a cara da vergoña. Fai falla verdade, xustiza e reparación de todos os holocaustos. Fai falla desmarcarse de todos os fascismos para poder ser simplemente un partido de dereitas nun país democrático.






Ligazóns Externas

https://www.cuartopoder.es/laespumaylamarea/2013/11/05/los-holocaustos-y-la-derecha-espanola/238